sábado, 9 de abril de 2016

23 de Novembro de 2015

A auga da escola

Hoxe viñeron tomar unhas mostras do PH da auga para saber se é potable, é dicir, se podemos bebela.
Encheron un vaso de auga e meteron unha tira. Segundo a súa cor sabían os compoñentes que había na auga da billa.


O resultado foi que non tiña cloro, que é o elemento que ten o auga tratada para poder bebela sen perigo de intoxicarnos. Así que Vicente terá que traernos a auga embotellada ata que instalen a máquina cloradora.




20 de Novembro de 2016

Puzzles en tempo record!!



13 de Novembro de 2015

O Magosto en Vilarrube

Este curso os magostos do CRA foron nas escolas. Mil grazas ao avó de Alba que nos asou unhas castañas boísimas. Foi un día xenial... Esta xentiña de Vilarrube son un tesouro.




















11 de Novembro

Día do peón

Este ano o cole de San Saturnino convidounos á sea celebración do Día do Peón. Os mestres deste cole levan organizando estas xornadas dende hai anos, é unha tradición. Pasámolo moi ben!
Dividíronnos en equipos. A profe María foi cos de infantil e o profe Xan coas nenas de primaria.

A primeira actividade foi facer entre todos un móvil de peóns.



Despois bailamos bailaretes de diferentes tipos. O bonito desta saída foi que as nosas mestras eran alumnas do cole.




A continuación vimos un carpinteiro facendo un bailarete. A Xavi gustoulle moito.


A seguinte actividade foi ver unha batalla de peóns. Participaban os maiores do cole de San Sadurniño.

Antes de ir ver o peón xigante bailando, agasalláronnos cun bailarete para cada un que pintamos con rotus.







Moitas grazas ao cole de Sansa por tan bonita experiencia. Para nós foi dobremente especial porque foi a primeira excursión de Claudia e Lucas co cole.
10 de Novembro de 2015

Ollos espía









9 de Novembro de 2015

Aniversario de Tomás

Tomás cumpre catro anos! Parabéns pequerrecho!


29 de Outubro   de 2015

Festa do Samaín

Chegou a festa do medo a Vilarrube! Comezamos a mañá mortos de risa e de medo vendo os nosos disfraces terroríficos e unhas curtametraxes de debuxos.


Pero a gran sorpresa chegou coas nosas mamás... unha morea de postres de medo para merendar!!! Delicatessen vilarrubenses. Daba mágoa comelas do chulísimas que estaban!

















Despois da actuación dos esqueletos entregáronse os premios ás cabazas máis terroríficas e máis orixinas... velaí as fotos dos gañadores: